Todo teu; todo meu.

Solo cando estás ao límite entre un lado ou outro é cando te das conta, cando realmente aprecias o que é a vida. As pequenas cousas, as incoherencias, os amores turbulentos, as mentiras, as verdades, o que é fantasía e o que é realidade, o alivio que é sentir na tua cara o vento, o sol, a brisa do mar, o que é aguantar as pelexas co teu irmán pequeno, o que é aguantar 6 horas de clases, o que é chegar a casa e tomarte un bo prato de caldo, o que é botar de menos a tua familia, a tua xente, o teu lugar, o que é anelar máis que nada esos desexos que algún día xurdiron dentro de ti, as ganas renovadas de cumprir os teus soños, o que é acostarse o domingo na cama e ver a película da semana, o que é reír a gargalladas no medio da clase de matemáticas, as mofas que lle fas ao teu mellor amigo, as riñas por tonterías como quen é listo e quen é tonto, o que é leer un libro que nunca o collerías pola sua portada pero que finalmente che chama a atención, cada cotilleo que non che quere decir nadie pero que te morres de ganas de sabelo, as discursións coa avoa porque os tempos cambiaron, un déixame papá que xa son mallorciña, un quero quedar ata máis tarde pá, un aupa equipo que imos gañar, horas e horas falando con esa persoa que te fai temblar so con mirarte, as sorrisas que che saen de parva cando ves unha mensaxe sua no móbil. 

Nese mismo instante no que decides vivir, volves a nacer, naces con ganas de disfrutar día a día e de ver as cousas doutra maneira.

Deixar un comentario