Buscar o realmente perfecto.

Pasamos unha vida buscando a perfección nunha persoa e non nos damos conta que non hai maior perfección que o que non o é, non hai cousa máis bonita nunha persoa que os fallos que ten, non hai maior alegría que os erros. Porque unha persoa pode chegar a ser perfecta sempre e cando nos guste o bo e o malo dela, pode ser bonita se os seus fallos a favorecen e pode transmitir alegría pola experiencia que procede dos erros.

Ao final.

O remate do camiño sempre hai luz, non  cuestión de buscala pero si de saber que existe, hai que loitar por seguir adiante aínda que veña unha racha mala, hai que intentar conseguir o que se quere, hai que liberarse da pesadume. Hai que ser feliz.

Unha vida, un motivo pra seguir.

Mil maneiras de vivir, mil maneiras de morrer, mil maneiras de chorar, mil maneiras de rir, mil maneiras de gañar, mil maneiras de perder, mil maneiras de resistirse a un bico, mil maneiras de dalo, mil maneiras de poder estar xuntos, mil maneiras de estar separados… É moitas veces todo se concentra en unha sola cousa.

Imagen