Buscar o realmente perfecto.

Pasamos unha vida buscando a perfección nunha persoa e non nos damos conta que non hai maior perfección que o que non o é, non hai cousa máis bonita nunha persoa que os fallos que ten, non hai maior alegría que os erros. Porque unha persoa pode chegar a ser perfecta sempre e cando nos guste o bo e o malo dela, pode ser bonita se os seus fallos a favorecen e pode transmitir alegría pola experiencia que procede dos erros.