Todo teu; todo meu.

Solo cando estás ao límite entre un lado ou outro é cando te das conta, cando realmente aprecias o que é a vida. As pequenas cousas, as incoherencias, os amores turbulentos, as mentiras, as verdades, o que é fantasía e o que é realidade, o alivio que é sentir na tua cara o vento, o sol, a brisa do mar, o que é aguantar as pelexas co teu irmán pequeno, o que é aguantar 6 horas de clases, o que é chegar a casa e tomarte un bo prato de caldo, o que é botar de menos a tua familia, a tua xente, o teu lugar, o que é anelar máis que nada esos desexos que algún día xurdiron dentro de ti, as ganas renovadas de cumprir os teus soños, o que é acostarse o domingo na cama e ver a película da semana, o que é reír a gargalladas no medio da clase de matemáticas, as mofas que lle fas ao teu mellor amigo, as riñas por tonterías como quen é listo e quen é tonto, o que é leer un libro que nunca o collerías pola sua portada pero que finalmente che chama a atención, cada cotilleo que non che quere decir nadie pero que te morres de ganas de sabelo, as discursións coa avoa porque os tempos cambiaron, un déixame papá que xa son mallorciña, un quero quedar ata máis tarde pá, un aupa equipo que imos gañar, horas e horas falando con esa persoa que te fai temblar so con mirarte, as sorrisas que che saen de parva cando ves unha mensaxe sua no móbil. 

Nese mismo instante no que decides vivir, volves a nacer, naces con ganas de disfrutar día a día e de ver as cousas doutra maneira.

Susurrámoslle ao tempo;

colgámonos das horas do reloxo, anhelamos o tempo como se cada minuto fora o derradeiro, esperamos cada estación con cada roupa correspondente no armario, se os susurros os levaba o vento recollíamolos na casa e gardabámolos na primeira estantería posicionada ao lado esquerdo da porta do comedor, pero o inevitable e por conseguinte evitable menos o tempo. O tempo cura, o tempo levao todo, o tempo lévanos a nós. 

 

 

Non sempre é: máis vale tarde que nunca.

Que si. Que o confeso. Que falleiche moitas veces. Que fixenche moito dano. Que perdín oportunidades contigo. Pero si teño que confesar algo é que me arrepinto moito. Arrepíntome de haber querido que todo salise ben, de deixar que o destino nos unira solo e non mover ni un dedo para facelo posible. E  arrepíntome moito, porque en este instante comprendín que agora podría estar contigo.

París j´aime.

“Hai momentos nos que a vida esixe un cambio. Unha transición, como as estacións. A primavera foi marabillosa, pero o verán xa acabou. Desperdiciamos o otoño e agora de repente fai frío. Tanto que todo se conxela. O noso amor dúrmese e la neve  tomao por sorpresa. Pero se te quedas dormida na neve non sentes chegar …a morte

O tempo.

Hoxe é un desos días nos que te paras a pensar, cousas que non se che habían pasado nunca pola cabeza, pero que empezas a darlle importancia aínda quizás nin a teñan.
Pero sempre pensas o mesmo, da igual, xa habrá tempo, todavía es moi pronto, pero o tempo corre, máis deprisa do que pensamos e cando chegas a darte conta , xa non podes facer nada.

A veces merece a pena, dar un gran paso, aínda que se leve todo con elo, pero si queres conseguilo, conciénciate e faino, non penses , todo é un soño, todo se esfuma antes do que crees e merece a pena cambiar as cousas.