Só se sinte o piar do paxariño,
o marmurar das auguas,
e na cima do monte o cantar triste
dunha muller que pasa,
mentras co sue marmurio o manso rego
naquel ritmo monótono a acompaña.
Arquivo por días: 8 de Maio de 2013
Susurrámoslle ao tempo;
colgámonos das horas do reloxo, anhelamos o tempo como se cada minuto fora o derradeiro, esperamos cada estación con cada roupa correspondente no armario, se os susurros os levaba o vento recollíamolos na casa e gardabámolos na primeira estantería posicionada ao lado esquerdo da porta do comedor, pero o inevitable e por conseguinte evitable menos o tempo. O tempo cura, o tempo levao todo, o tempo lévanos a nós.
Solo ti fas que ría chorando e que chore rindo.